Kenny Ruiz
Alicante, 1980
Iníciase moi xove no mundo do cómic, e xa en 1994 funda o taller Proyecto Cómic e o fanzine do mesmo nome no que participa ata o día de hoxe.
En 1998 trasládase a Granada onde cursa Bacharelato Artístico mentres participa en múltiples concursos de cómic, obtendo diversos premios como o Primeiro premio no concurso de “Relatos Bárbaros” organizado pola editorial Planeta deAgostini en 1998, o Premio xóvenes talentos da Escola de Cómic Joso en 1999, e o Primeiro premio do concurso de tiras cómicas do Diario Avui e a Generalitat de Catalunya en 2001.
Axiña comeza a publicar a súa obra, e en 2000 publica o seu álbum “O libro das tentacións”.
En 2001 comeza a colaborar na revista Dibus (Norma Editorial)
En 2003 publica “Crónicas de Mesene. Periplo” para a editorial Dude Cómic e “El Cazador de Rayos. Esperanza.” para a editorial Dolmen, e Paquet editons en Francia.
En 2004 publica o álbum “Barcelona”, tamén para Dolmen e Paquet, e en 2005 “El Cazador de Rayos. Responsabilidad”. Este ano é nominado como Autor Revelación no Salón do Cómic de Barcelona e gaña os premios do público a “Autor revelación, “mellor guión”, e “mellor obra”.
Ata hoxe foi profesor na escola Joso e participou en diversos proxectos, revistas, eventos e exposicións de cómic, alternando a súa labor de autor con múltiples traballos como ilustrador en revistas e publicidade, e reseñables incursións na animación (Disney Corp. e Salvador Simó en “el Cid, la leyenda”). E non fixo máis que comezar...